Alba gu bràth
Alba gu bràth (pronunciado ˈal̪ˠapə kə ˈpɾaːx listen (axuda · info)) é unha frase en gaélico escocés usada para expresar lealdade cara a Escocia. Traducida ó galego significa "Escocia por sempre", malia que no senso literal, gu bràth tradúcese como 'ata o xuízo'.[1] A frase é utilizada como slogan político na campaña pola independencia de Escocia.
Formas alternativas
[editar | editar a fonte]Existen outras formas non correctas de pronuncialo, en parte por mor das semellanzas co slogan irlandés Erin go bragh ("Irlanda por sempre"). Por exemplo: Alba go bragh, Alba gu bra, Alba go breá.
Cultura popular
[editar | editar a fonte]No filme de 1995 Braveheart, o patriota escocés e heroe nacional William Wallace (interpretado por Mel Gibson) berra "Alba gu bràth" a cabalo fronte as tropas escocesas xusto antes da Batalla da ponte de Stirling.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Am Faclair Beag". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2016. Consultado o 21 de xullo de 2020.